I Concurso de MicroRelatos Vespalaconianos

                     

O Scutre Clú, en colaboración coa web latri.ca, convocan en España o I Concurso de MicroRelatos VespaLaconianos.

Para participar só hai que ser usuario da rede social de microblogging latri.ca (só hai que latricar...), poñer unha mensaxe no grupo do concurso (ConcursoMicrorelatos) e que a mensaxe inclúa a palabra "VespaLacón"... e unha fermosa camiseta do VespaLacón pode ser túa! Ata o sábado 20 de febreiro ás 16:00!!

Calquer dúbida ou consulta pode facerse na dirección de e-mail: info@vespalacon.com

BASES DO I CONCURSO DE MICRORELATOS VESPALACONIANOS

O Scutre Clú, en colaboración coa web latri.ca, convocan o I Concurso de MicroRelatos VespaLaconianos.

Condicións xerais

  • Poderán presentarse ó Concurso tódalas persoas residentes en España que o desexen e que estean rexistradas na web latri.ca. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.

  • Para participar neste concurso os usuarios deben rexistrarse na web latri.ca, aceptando as condicións expostas na mesma para efectuar o rexistro.

  • Os participantes rexistrados na web "http://latri.ca" poderán enviar cantos relatos desexen por participante.

  • Os microrrelatos deben incluir no seu texto a palabra “VESPALACÓN”, en calquera posición ou combinación de maiúsculas e minúsculas.

  • Os microrrelatos que se presenten poderán ter unha extensión máxima de 200 caracteres -incluidos os espacios e a palabra "vespalacón"-.

  • Deberán estar escritos en galego ou castelán e ser obras origixináis, inéditas, respondendo o autor da autoría persoal dos microrrelatos que publique.

  • Para presentar un microrrelato debe publicarse no grupo "ConcursoMicrorelatos"

  • O Scutre Clú ou, no seu caso o Xurado, poderá eliminar do concurso aqueles traballos que, ó seu entender, empreguen unha linguaxe groseira, ofensiva e/ou discriminatorio.

  • Os participantes responden ante o Scutre Clú da autoría e orixinalidade do microrrelato, asumindo a plena responsabilidade, e deixando ó ScutreClú indemne frente a calquer reclamación que, en ese sentido pudieran efectuar terceiras persoas, incluso as derivadas de un incumplimiento da lexislación sobre honor, intimidade, inxurias e calumnias, dereito da imaxe ou por expresións que puidesen ser consideradas difamatorias ou obscenas.

  • O prazo para a participación no I Concurso de Microrrelatos VespaLaconianos será dende as 00.00 horas do 15 de febreiro de 2010 ata as 16.00 horas do 20 de febreiro de 2010.

  • Non se admitirá a concurso ningún microrrelato enviado fóra de plazo e, en xeral, calquer outro microrrelato que non cumpla coas condicións expresadas nas presentes bases.

  • Os microrrelatos presentados ó I Concurso de Microrrelatos VespaLaconianos optarán ó siguinte premio: UNHA CAMISETA DO VESPALACÓN 2010+1 CHAPA DO VESPALACÓN 2010+1 CHAPA DO SCUTRE CLÚ, que no caso de non poder asistir a recollelos a Cuntis o día do VespaLacón seranlle enviados a través de correo postal (á península e Baleares).

Selección dos Gañadores do Concurso

  • Un Xurado nombrado polo Scutre Clú votará e escollerá o microrrelato gañador, emitindo o fallo durante a celebración do II VespaLacón e será publicado na web do VespaLacón (www.vespalacon.com).

  • O ScutreClú contactará co gañador do concurso vía latri.ca e no caso de dispoñer do mesmo a través de e-mail. En caso de non fora posible localizar ó gañador nun plazo de 7 días dende a emisión do fallo do Xurado, o premio pasará ó microrrelato  votado como segundo.En consecuencia, a imposibilidade de localizar ó gañador suporá a pérdida do dereito ós premios do concurso.

  • O xurado será nomeado polo Scutre Clú e estará formado por membros do mesmo coma o presidente, secretaria e algún membro adicional. O xurado estará presidido por un especialista en arte.

  • O fallo do Xurado será inapelable faráse público o día do VespaLacón a través de latri.ca e posteriormente será anunciado na web www.vespalacon.com. Non obstante, Scutre Clú resérvase o dereito a modificar esa data á súa conveniencia.

  • O xurado estará facultado para resolver toda cuestión da súa competencia que non houbera quedado establecida de modo explícito en estas bases.

  • ScutreClú exímese de toda responsabilidade polos danos que se puideran derivar do emprego incorrecto ou inadecuado dos microrrelatos presentados a concurso e publicados a través de latri.ca por parte de terceiros.

Sign in  |  Recent Site Activity  |  Terms  |  Report Abuse  |  Print page  |  Powered by Google Sites